titorial
docente

A aplicación adáptase facilmente a diferentes materias e metodoloxías de ensino. Como exemplo, aquí tes unha proposta específica para traballar os fundamentos da iluminación nun entorno virtual.

Simulacro intégrase na aula como un laboratorio virtual de experimentación audiovisual. O seu deseño permite trasladar á contorna educativa a dinámica real dunha rodaxe, fomentando a colaboración, a observación e a toma de decisións en tempo real.

 

Ademais, a súa flexibilidade metodolóxica permite empregalo en múltiples contextos: a nivel individual, como ferramenta de previsualización para estudantes avanzados ou en modalidades de ensino non presencial.

A proposta metodolóxica do vídeo combina presenza física e traballo en contorna virtual. Fórmanse grupos de aproximadamente 12 persoas, onde 6 traballan no espazo físico (asumindo roles de cámara, dirección ou iluminación) e 6 na contorna virtual, operando cámaras e luces no set simulado.
 
Esta configuración permite coordinar unha rodaxe híbrida na que a toma de decisións é compartida entre o mundo virtual e o real.
 
Tamén é posible ampliar o modelo con dous grupos virtuais en distintos espazos de Simulacro, alcanzando así  18 ou máis participantes e xerando dinámicas interactivas entre equipos que producen e realizan de forma remota pero sincronizada.
 

Durante os cursos 2024–2026 leváronse a cabo tests de usabilidade con estudantes. Os datos evidencian unha alta valoración da experiencia: o alumnado destacou a facilidade de uso, a utilidade da contorna para comprender os procesos técnicos e o valor do traballo colaborativo entre o espazo físico e o virtual.

As melloras introducidas nas últimas versións contribuíron a unha experiencia máis fluída e a unha maior autonomía por parte dos usuarios.

 

En conxunto, os resultados reforzan a idoneidade de Simulacro como contorna formativa innovadora e o seu potencial para estenderse a novas materias e contextos docentes.

Nas próximas versións, Simulacro incorporará novas funcionalidades que ampliarán o seu alcance creativo.

 

Entre elas, a posibilidade de deseñar espazos de rodaxe personalizados, adaptados a distintos contextos docentes e narrativos, e a integración de son e fontes de audio dentro da contorna virtual, permitindo traballar de forma máis completa a relación entre imaxe e espazo sonoro.

Queres saber máis sobre

SIMULACRO?

©2026 Simulacro. Todos os dereitos reservados.

Contáctanos: info@simulacro.gal