creación
vr

Reproduce contornas de rodaxe audiovisuais para aprender mediante a práctica inmersiva e colaborativa. Poderás operar cámaras e configurar luces ou espazos en tempo real e segundo as túas necesidades.

Aprender nun laboratorio físico ou virtual?

Simulacro permite combinar o mundo real e o virtual para traballar unidos. Dálle ao play e descúbreo!

Unha ferramenta validada

Levamos a cabo múltiples tests de usabilidade realizados por alumnado de distintos cursos do título de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo que mostran unha valoración moi positiva sobre Simulacro:

4,4 sobre 5

na valoración xeral da ferramenta

Máis do 80%

considera que facilita a comprensión dos procesos de realización e dirección​

Menos de 1h

de tempo necesario para familiarizarse coas principais funcionalidades

Os resultados dos nosos tests confirman a eficacia pedagóxica e a accesibilidade tecnolóxica de Simulacro como ferramenta para a realización e produción audiovisual en contornas de realidade virtual, ao mesmo tempo que avalan a súa consolidación como un recurso estable dentro das metodoloxías de aprendizaxe activa.

Testemuños​

FAQ

Que é exactamente Simulacro?

Simulacro é un software de realidade virtual deseñado para que profesionais e estudantes de comunicación audiovisual planifiquen, ensaien e organicen as súas producións nun entorno virtual antes de gravar nun escenario ou localización real.

 

É coma facer unha simulación da túa produción, pero aforrando tempo e mellorando o proceso creativo.

Simulacro está deseñado principalmente para:

 

  • Institucións educativas que desexen impartir formación en platós virtuais idénticos aos reais para optimizar os recursos.
  • Profesionais do ámbito audiovisual (produción, dirección, guión, fotografía, etc.).
  • Institucións educativas que desexen impartir formación en platós virtuais idénticos aos reais para optimizar os recursos.

 

Se traballas en rodaxes con cámaras, platós, iluminación, etc., Simulacro é para ti.

Só necesitas un casco de realidade virtual Meta Quest 3 ou Quest 3s e unha licenza activa de Simulacro. Unha vez instalado, poderás acceder a conxuntos de creación audiovisual virtuais e colaborar en tempo real con outros usuarios.

 

Contacta connosco para obter a túa licenza.

A licenza de Simulacro custa 500 € por lente e ano, e inclúe todas as actualizacións e melloras lanzadas durante ese período.

 

Ofrecemos descontos por volume e períodos de proba gratuítos para que poidas ver como encaixa Simulacro nas túas instalacións antes da implementación.

 

Contacta connosco e axudarémosche a atopar a mellor opción para o teu entorno de produción ou formación.

A aplicación descárgase directamente nas lentes de realidade virtual a través da plataforma Meta.

 

Unha vez que rexistremos a túa conta de usuario na nosa base de datos, proporcionarémosche a ligazón e as instrucións.

Con Simulacro, podes simular contornas de rodaxe en catro espazos virtuais: tres sets de gravación e un laboratorio de son.

 

Nestes espazos, podes experimentar en tempo real con cámaras, iluminación e dirección, traballando en colaboración e recreando situacións de produción reais antes de ir realmente ao set de rodaxe.

Simulacro permite que o alumnado rote entre diferentes papeis e practique a dirección, o manexo da cámara, a iluminación e outras habilidades de produción nun ambiente supervisado.

 

Fomenta a aprendizaxe a través da experiencia directa, sen as limitacións físicas ou loxísticas dunha rodaxe real (dispoñibilidade do estudio, equipamento, restricións de tempo, etc.) e axuda o alumnado a comprender mellor todo o proceso de produción audiovisual.

Ao longo de 2026, están previstas novas funcionalidades, entre as que se inclúen:

 

  • Deseño de escenarios personalizados e escenografía virtual.
  • Melloras no control dinámico dos actores virtuais.
  • Unha solución experimental para integrar son de audio e espacial nos sets de gravación.

Queres saber máis sobre

SIMULACRO?

©2026 Simulacro. Todos os dereitos reservados.

Contáctanos: info@simulacro.gal