titorial
docente
A aplicación adáptase facilmente a diferentes materias e metodoloxías de ensino. Como exemplo, aquí tes unha proposta específica para traballar os fundamentos da iluminación nun entorno virtual.
Simulacro intégrase na aula como un laboratorio virtual de experimentación audiovisual. O seu deseño permite trasladar á contorna educativa a dinámica real dunha rodaxe, fomentando a colaboración, a observación e a toma de decisións en tempo real.
Ademais, a súa flexibilidade metodolóxica permite empregalo en múltiples contextos: a nivel individual, como ferramenta de previsualización para estudantes avanzados ou en modalidades de ensino non presencial.
Durante os cursos 2024–2026 leváronse a cabo tests de usabilidade con estudantes. Os datos evidencian unha alta valoración da experiencia: o alumnado destacou a facilidade de uso, a utilidade da contorna para comprender os procesos técnicos e o valor do traballo colaborativo entre o espazo físico e o virtual.
As melloras introducidas nas últimas versións contribuíron a unha experiencia máis fluída e a unha maior autonomía por parte dos usuarios.
En conxunto, os resultados reforzan a idoneidade de Simulacro como contorna formativa innovadora e o seu potencial para estenderse a novas materias e contextos docentes.
Nas próximas versións, Simulacro incorporará novas funcionalidades que ampliarán o seu alcance creativo.
Entre elas, a posibilidade de deseñar espazos de rodaxe personalizados, adaptados a distintos contextos docentes e narrativos, e a integración de son e fontes de audio dentro da contorna virtual, permitindo traballar de forma máis completa a relación entre imaxe e espazo sonoro.
Queres saber máis sobre
SIMULACRO?
©2026 Simulacro. Todos os dereitos reservados.
Contáctanos: info@simulacro.gal